martes, 9 de abril de 2013

Resultados xerais da busca de artigos


O primeiro paso do traballo logo de propor os obxectivos a acadar no traballo é a busca de artigos relativos á organización e dinámica das augas oceánicas. Nesta busca na fonte web da Asociación de Xeógrafos Españois (www.boletinage.com) atopamos un total de catro artigos relacionados co tema que nos toca tratar do total de artigos que ten a Asociación de Xeógrafos Españois neste período temporal no que temos que recoller sistemas de representación.
Estes catro artigos sitúanse cronoloxicamente distantes, polo que podemos dicir que a revista da Asociación de Xeógrafos Españois non trata os temas relativos ás augas oceánicas con moita frecuencia nin en moita cantidade debido a qué, fora de que son poucos artigos os atopados, os catro artigos son de catro anos distintos (2000, 2003, 2005 e 2009) polo que podemos ver que non é moi común a realización de artigos sobre este tema no mesmo número da revista.
Nestes artigos podemos atopar distintos tipos de sistemas de representación de datos, tanto sistemas de representacións gráficas como sistemas de representación cartográficas, que nalgúns casos se repiten en distintos artigos e noutros casos só aparecen nun só deles. Inda así debemos tamén ter en conta que non sempre se repite o mesmo número de sistemas de representación utilizados nos artigos, pois nalgúns artigos a cantidade de sistemas de representación utilizados alcanza os 16 fronte ós 5 que acada outro dos artigos.
Nun punto posterior do traballo analizaremos brevemente tamén a variedade de sistemas de representación que podemos atopar nestes artigos, vendo cales son os sistemas de representación dominantes tanto dentro do total de sistemas de representacións atopados nestes catro artigos coma cales son os que máis se repiten entre os distintos artigos.
A continuación amosamos nunha táboa os resultados da busca de artigos referentes á organización e dinámica das augas oceánicas dos que puidésemos obter sistemas de representación de datos, gráficos ou cartográficos, que nos servisen para a realización dos obxectivos do traballo:

Ano
Nº de Artigos
Representacións
2000
1
Cartografía fotográfica e diagramas de barras.
2001
0
-
2002
0
-
2003
1
Cartografía fotográfica, táboas, diagramas de caixas e gráficas de dispersión.
2004
0
-
2005
1
Diagramas de barras, cartografía informativa e táboas.
2006
0
-
2007
0
-
2008
0
-
2009
1
Cartografía fotográfica, táboas, gráficas de liñas e curvas de distribución.
2010
0
-
2011
0
-
2012
0
-

No hay comentarios:

Publicar un comentario