martes, 9 de abril de 2013

Identificación do peso no relativo ó ámbito espacial e temático


Unha vez vistos os sistemas de representación que hai en cada artigo e facer unha análise conxunta en relación á autoría dos mesmos, procedemos á realización de novas táboas onde facemos unha división dos artigos en dous bloques segundo analicemos o peso que teñen segundo o ámbito espacial ó que se refiran, ou segundo o tipo de sistemas de representación que conteñan.

A.     Segundo ámbito espacial


Territorios
Nº de artigos
%
Xeral
1
25
Concreto
3
75
TOTAL
4
100

Nesta táboa podemos ver unha división do número total de artigos atendendo a se fan referencia a un espazo xeográfico concreto ou non. Como vemos, son máis numerosos os artigos que se refiren a espazos xeográficos concretos, estando nesta categoría tres dos artigo,s que supoñen un 75% do total. O 25% restante correspóndese cun único artigo que non fai referencia a un espazo xeográfico concreto.
Ampliando os datos podemos saber que un artigo fai referencia á illa de Menorca, outro á costa alacantina e o terceiro ás latitudes polares, constituíndo así un 25% do total cada un dos artigos que xunto co 25% que constitúe o artigo que non trata ningún espazo xeográfico concreto forman o 100% do conxunto dos artigos.
Nesta táboa que continúa podemos apreciar a ampliación desta información, polo que temos unha división maior onde cada artigo representa un 25% do total en vez de o 25%-75% que puidemos apreciar na táboa anterior.
Territorios
Nº de artigos
%
Xeral
1
25
Menorca
1
25
Alicante
1
25
Latitudes Polares
1
25
TOTAL
4
100

B.     Segundo tipos de representacións

Nesta primeira táboa que se mostra podemos ver unha división dos sistemas de representación atopados nos artigos segundo sexan dunha ou doutra clase. O total de sistemas de representación atopados é de 45.
Tipo de representación
Nº de representacións
%
Táboas
18
40
Cartografía fotográfica
10
22’22
Gráficos de liñas
7
15’56
Diagramas de barras
5
11’11
Curvas de distribución
2
4’44
Cartografía informativa
1
2’22
Gráficos de dispersión
1
2’22
Diagramas de caixas
1
2’22
TOTAL
45
100

Os máis predominantes son as táboas de datos (18) seguidas pola cartografía fotográfica (10), constituíndo entre as dúas máis dun 60% dos sistemas de representación que atopamos nestes catro artigos referentes á organización e dinámica das augas oceánicas.
Os que menos se aprecian son os diagramas de caixas, os gráficos de dispersión e a cartografía informativa, cun só exemplo de cada e constituíndo entre os tres un 6’66% do total dos sistemas de representación que podemos atopar.
Tamén levamos a cabo unha táboa coa información recollida logo de ver en cantos artigos se repite cada tipo de sistema de representación atopado dos artigos:
Tipo de representación
Nº de artigos
%
Táboas
3
75
Cartografía fotográfica
3
75
Diagramas de barras
2
50
Curvas de distribución
2
50
Cartografía informativa
1
25
Gráficos de liñas
1
25
Gráficos de dispersión
1
25
Diagramas de caixas
1
25
TOTAL
4
100

Nesta última táboa podemos ver como os sistemas de representación que máis se repiten nos artigos son tamén os máis numerosos, táboas e cartografía fotográfica, aparecendo cada un destes tipos de sistemas de representación en tres dos catro artigos, aparecendo así nun 75% do total dos artigos.
Os sistemas de representación menos comúns só aparecen un artigo, inda que non ten que ser sempre o mesmo, sendo estes os diagramas de caixas, os gráficos de dispersión, os gráficos de liñas e a cartografía informativa. Como vemos tres destes sistemas de representacións son tamén os menos comúns no conxunto de sistemas de representación atopados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario