martes, 9 de abril de 2013

Introdución e obxectivos


Este traballo ten como obxectivo a realización dunha serie de puntos que teñen que ver coa busca, análise e división de artigos e sistemas de representación, tanto gráficos coma xeográficos, referentes á organización e dinámica das augas oceánicas.
Para isto debemos utilizar a fonte web www.boletinage.com, pertencente á Asociación de Xeógrafos Españois, na que debemos realizar a busca dos artigos referentes ó tema xa comentado e dos que deberemos sacar os sistemas de representación (gráficos ou cartográficos) que nos servirán para realizar as distintas táboas que debemos plasmar neste traballo. Esta busca de artigos debe comprender unha marxe cronolóxica baseada no século XXI; é dicir, que a busca dos artigos que poidan axudar á realización deste traballo realizarase nos artigos comprendidos entre os anos 2000 e 2012.
Logo desta busca débese realizar unha división por anos dos artigos atopados, completando a táboa con información sobre os sistemas de representación que se podemos atopar neses artigos. Con estas dúas buscas conxuntas (primeiro a de artigos na fonte e logo a de sistemas de representación dentro dos artigos) atopamos tamén a información necesaria para a realización do que debería ser o seguinte punto, que debería estar relacionado coa autoría dos artigos, debendo analizar a súa procedencia (universidade, empresa, axencia de calidade, etc.) e explicando se existen cambios na súa serie temporal ou se se manteñen os perfís.
Unha vez feita a busca e división dos artigos e a análise referente á autoría dos artigos que nos serven para a realización do traballo, deberemos levar a cabo unha división dos artigos segundo fagan referencia a un espazo xeográfico concreto ou non, e en referencia ós distintos tipos de sistemas de representación que conteñan os ditos artigos.
Este traballo terá así como obxectivo principal o traballar con textos xeográficos que fagan referencia a distintos temas do espazo xeográfico e saber traballar e distinguir os distintos tipos de sistemas de representación que podemos atopar neles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario