martes, 9 de abril de 2013

Enlaces ós artigos




Métodos para el cálculo de la erosión costera. Revisión, tendencias y propuestasJosé Ojeda Zújar, Departamento de Xeografía Física e AXR da Universidade de Sevilla. 2000.
http://www.boletinage.com/30/07.pdf

Identificación de variables útiles para la clasificación y gestión de playas y calas. El caso de la isla de Menorca. Francesc Xavier Roig i Munar, Director Técnico do servizo de Xestión Litoral do Área de Medio Ambiente e Cooperación Local do Consell Insular de Menorca. 2003.

Temporales marítimos y ordenación del territorio en la provincia de Alicante. Mª Tros-de-Ilardura Fernández, Instituto Universitario Xeográfico da Universidade de Alicante. 2005.

El hielo marino de latitudes polares: evolución anual e interanual (1979-2008)Mª Eugenia Pérez González e Mª Pilar García Rodríguez, Departamento de Análise Xeográfica Rexional e Xeografía Física da Universidade Complutense de Madrid. 2009.

Anexos ó traballo

Sistema de representación gráfica: gráfica de dispersión

Sistema de representación cartográfica: cartografía fotográfica.




Sistema de representación gráfica: diagrama de caixa.

Sistema de representación gráfica: curva de distribución.

Sistema de representación cartográfica: cartografía informativa.

Sistema de representación gráfica: diagrama de barras

Identificación do peso no relativo ó ámbito espacial e temático


Unha vez vistos os sistemas de representación que hai en cada artigo e facer unha análise conxunta en relación á autoría dos mesmos, procedemos á realización de novas táboas onde facemos unha división dos artigos en dous bloques segundo analicemos o peso que teñen segundo o ámbito espacial ó que se refiran, ou segundo o tipo de sistemas de representación que conteñan.

A.     Segundo ámbito espacial


Territorios
Nº de artigos
%
Xeral
1
25
Concreto
3
75
TOTAL
4
100

Nesta táboa podemos ver unha división do número total de artigos atendendo a se fan referencia a un espazo xeográfico concreto ou non. Como vemos, son máis numerosos os artigos que se refiren a espazos xeográficos concretos, estando nesta categoría tres dos artigo,s que supoñen un 75% do total. O 25% restante correspóndese cun único artigo que non fai referencia a un espazo xeográfico concreto.
Ampliando os datos podemos saber que un artigo fai referencia á illa de Menorca, outro á costa alacantina e o terceiro ás latitudes polares, constituíndo así un 25% do total cada un dos artigos que xunto co 25% que constitúe o artigo que non trata ningún espazo xeográfico concreto forman o 100% do conxunto dos artigos.
Nesta táboa que continúa podemos apreciar a ampliación desta información, polo que temos unha división maior onde cada artigo representa un 25% do total en vez de o 25%-75% que puidemos apreciar na táboa anterior.
Territorios
Nº de artigos
%
Xeral
1
25
Menorca
1
25
Alicante
1
25
Latitudes Polares
1
25
TOTAL
4
100

B.     Segundo tipos de representacións

Nesta primeira táboa que se mostra podemos ver unha división dos sistemas de representación atopados nos artigos segundo sexan dunha ou doutra clase. O total de sistemas de representación atopados é de 45.
Tipo de representación
Nº de representacións
%
Táboas
18
40
Cartografía fotográfica
10
22’22
Gráficos de liñas
7
15’56
Diagramas de barras
5
11’11
Curvas de distribución
2
4’44
Cartografía informativa
1
2’22
Gráficos de dispersión
1
2’22
Diagramas de caixas
1
2’22
TOTAL
45
100

Os máis predominantes son as táboas de datos (18) seguidas pola cartografía fotográfica (10), constituíndo entre as dúas máis dun 60% dos sistemas de representación que atopamos nestes catro artigos referentes á organización e dinámica das augas oceánicas.
Os que menos se aprecian son os diagramas de caixas, os gráficos de dispersión e a cartografía informativa, cun só exemplo de cada e constituíndo entre os tres un 6’66% do total dos sistemas de representación que podemos atopar.
Tamén levamos a cabo unha táboa coa información recollida logo de ver en cantos artigos se repite cada tipo de sistema de representación atopado dos artigos:
Tipo de representación
Nº de artigos
%
Táboas
3
75
Cartografía fotográfica
3
75
Diagramas de barras
2
50
Curvas de distribución
2
50
Cartografía informativa
1
25
Gráficos de liñas
1
25
Gráficos de dispersión
1
25
Diagramas de caixas
1
25
TOTAL
4
100

Nesta última táboa podemos ver como os sistemas de representación que máis se repiten nos artigos son tamén os máis numerosos, táboas e cartografía fotográfica, aparecendo cada un destes tipos de sistemas de representación en tres dos catro artigos, aparecendo así nun 75% do total dos artigos.
Os sistemas de representación menos comúns só aparecen un artigo, inda que non ten que ser sempre o mesmo, sendo estes os diagramas de caixas, os gráficos de dispersión, os gráficos de liñas e a cartografía informativa. Como vemos tres destes sistemas de representacións son tamén os menos comúns no conxunto de sistemas de representación atopados.

Autoría dos artigos


Artigos e Autores:
Métodos para el cálculo de la erosión costera. Revisión, tendencias y propuestas. José Ojeda Zújar, Departamento de Xeografía Física e AXR da Universidade de Sevilla. 2000.

Identificación de variables útiles para la clasificación y gestión de playas y calas. El caso de la isla de Menorca. Francesc Xavier Roig i Munar, Director Técnico do servizo de Xestión Litoral do Área de Medio Ambiente e Cooperación Local do Consell Insular de Menorca. 2003.

Temporales marítimos y ordenación del territorio en la provincia de Alicante. Mª Tros-de-Ilardura Fernández, Instituto Universitario Xeográfico da Universidade de Alicante. 2005.

El hielo marino de latitudes polares: evolución anual e interanual (1979-2008). Mª Eugenia Pérez González e Mª Pilar García Rodríguez, Departamento de Análise Xeográfica Rexional e Xeografía Física da Universidade Complutense de Madrid. 2009.

Dos catro textos que analizamos en relación coa organización e dinámica das augas oceánicas, tres dos autores pertencen ó ámbito universitario, realizando os artigos para os departamentos de Xeografía das súas respectivas universidades (Sevilla, Alacante e a Complutense de Madrid), mentres que o restante autor pertence a un órgano de goberno local (Consell Insular de Menorca) para o que redacta dito artigo.



Vendo os autores dos textos e a súa procedencia podemos engadir máis conclusións ós obxectivos do traballo. Vemos que a liña de autoría destes artigos non mantén un perfil claro, senón que son varios autores e de distinta procedencia os que se encargan da redacción dos distintos artigos que atopamos. 

Resultados xerais da busca de artigos


O primeiro paso do traballo logo de propor os obxectivos a acadar no traballo é a busca de artigos relativos á organización e dinámica das augas oceánicas. Nesta busca na fonte web da Asociación de Xeógrafos Españois (www.boletinage.com) atopamos un total de catro artigos relacionados co tema que nos toca tratar do total de artigos que ten a Asociación de Xeógrafos Españois neste período temporal no que temos que recoller sistemas de representación.
Estes catro artigos sitúanse cronoloxicamente distantes, polo que podemos dicir que a revista da Asociación de Xeógrafos Españois non trata os temas relativos ás augas oceánicas con moita frecuencia nin en moita cantidade debido a qué, fora de que son poucos artigos os atopados, os catro artigos son de catro anos distintos (2000, 2003, 2005 e 2009) polo que podemos ver que non é moi común a realización de artigos sobre este tema no mesmo número da revista.
Nestes artigos podemos atopar distintos tipos de sistemas de representación de datos, tanto sistemas de representacións gráficas como sistemas de representación cartográficas, que nalgúns casos se repiten en distintos artigos e noutros casos só aparecen nun só deles. Inda así debemos tamén ter en conta que non sempre se repite o mesmo número de sistemas de representación utilizados nos artigos, pois nalgúns artigos a cantidade de sistemas de representación utilizados alcanza os 16 fronte ós 5 que acada outro dos artigos.
Nun punto posterior do traballo analizaremos brevemente tamén a variedade de sistemas de representación que podemos atopar nestes artigos, vendo cales son os sistemas de representación dominantes tanto dentro do total de sistemas de representacións atopados nestes catro artigos coma cales son os que máis se repiten entre os distintos artigos.
A continuación amosamos nunha táboa os resultados da busca de artigos referentes á organización e dinámica das augas oceánicas dos que puidésemos obter sistemas de representación de datos, gráficos ou cartográficos, que nos servisen para a realización dos obxectivos do traballo:

Ano
Nº de Artigos
Representacións
2000
1
Cartografía fotográfica e diagramas de barras.
2001
0
-
2002
0
-
2003
1
Cartografía fotográfica, táboas, diagramas de caixas e gráficas de dispersión.
2004
0
-
2005
1
Diagramas de barras, cartografía informativa e táboas.
2006
0
-
2007
0
-
2008
0
-
2009
1
Cartografía fotográfica, táboas, gráficas de liñas e curvas de distribución.
2010
0
-
2011
0
-
2012
0
-